EXPOSICIÓN: "SEMENTES DO CAMBIO: A CARTA DA TERRA E O POTENCIAL HUMANO"
A exposición "Sementes do cambio: a Carta da Terra e o Potencial humano" foi creada inicialmente pola Soka Gakkai Internacional e a Iniciativa da Carta da Terra para o Cume Mundial de 2002 sobre Desenvolvemento Sostenible, que se realizou en Johannesburgo. A versión actualizada da exposición "Sementes do cambio" vincula paneles sobre o estado do mundo cunha mensaxe esperanzadora sobre o potencial de ata un só individuo para facer realidade un cambio positivo. A súa mensaxe esencial refírese á inseparabilidade do ser humano e o seu ambiente, polo que o propósito da exposición é promover o desenvolvemento sostenible a partir do cambio de cada individuo baseado en principios humanistas universais. Esta exposición, de carácter itinerante, está a percorrer varias cidades españolas, sendo exhibida en congresos, coloquios e diálogos interrelixiosos en colaboración con diversas institucións públicas e privadas.

















