castellano castellano català català euskera euskera
Soka Gakkai >> Soka Gakkai Internacional >> Os 3 presidentes da Soka Gakkai

Os 3 presidentes da Soka Gakkai.

Dende a sua fundación en 1930, os membros da Soka Gakkai inspiráronse no legado espiritual dos tres sucesivos presidentes fundadores.

Tsunesaburo Makiguchi

Makiguchi

Tsunesaburo Makiguchi naceu o 6 de xuño de 1871, en Niigata, Xapón. Como educador, deuse a coñecer pola sua calidez e consideración. A preocupación central de Makiguchi foi reformar o sistema educativo da época, que desalentaba o pensamento independente e reprimía a creatividade dos estudantes. Cría que a educación, en lugar de servir aos intereses do Estado, debía centrarse na felicidade dos estudantes. As súas ideas sobre a educación, e a súa teoría sobre a creación de valor, foron expostas en 1930 no seu libro Soka Kyoikugaku Taikei (Teoría Pedagógica da Creación de Valor) onde refutaba a lóxica do goberno militarista, que buscaba usar a educación para formar sirvientes obedientes e incondicionales do estado. A traxedia golpeou a vida de Makiguchi cando tres dos seus catro irmáns faleceron. Sentindo unha profunda necesidade de explorar o significado da vida e a morte, estudou algúns textos budistas. En 1928, á idade de 57 anos, Makiguchi atopou no budismo de Nichiren Daishonin, unha filosofía que concordaba coa súa propia forma de pensar. Dous anos despois, o 18 de Novembro de 1930, el e o seu colega Josei Toda, fundaron a Soka Kyoiku Gakkai (Sociedade Educativa para a Creación de Valor). Nas súas orixes, estaba formada por un grupo reducido de educadores que se dedicaban ao ensino, pero paulatinamente a organización foi enfocándose cara á práctica e o estudo do budismo. Makiguchi estaba convencido de que esta filosofía centrada na transformación da sociedade por medio do cambio interior individual, era o medio para lograr a reforma social fundamental que el e os seus colegas intentaran a través dos seus esforzos educativos. En 1937, Makiguchi converteuse no primeiro presidente da Soka Kyoiku Gakkai. Viaxou ao longo do Xapón apoiando aos membros na profundización da fe nas enseñazas de Nichiren Daishonin e impartindo sesións de estudo. Desta forma comezou a tradición de manter reunións de diálogo, grupos reducidos onde a xente intercambiaba puntos de vista e compartía experiencias da súa practica budista. En 1942, 30.000 persoas formaban parte da organización. Durante a Segunda Guerra Mundial, o goberno militarista impuxo o Shinto como relixión do Estado. Foi tanta a presión que ata os sacerdotes, que foran responsables de protexer a pureza dos ensinos de Nichiren Daishonin, rogaron a Makiguchi que aceptase o talismán Shinto. Makiguchi opúxose. En xullo de 1943, Makiguchi e Toda, xunto con outros líderes da Soka Kyoiku Gakkai, foron detidos como "delincuentes ideolóxicos". Os demais retractáronse e foron liberados, só Makiguchi e Toda mantivéronse firmes. O 18 de novembro de 1944, Makiguchi morreu de desnutrición na prisión. Cando Toda soubo, dous meses máis tarde, que o seu mestre falecera, xurou transmitir ao mundo a mensaxe de Makiguchi.

Josei Toda

Toda

Naceu o 11 de febreiro de 1900, en Hokkaido, Xapón. En 1920, Toda atopou a Makiguchi, que naquel momento era director na escola primaria de Tokio, e soubo que atopara o seu mentor. Durante os dous anos que pasou en prisión xunto a Makiguchi, dedicou moitas horas ao estudo do budismo e a invocar Nam-myoho-rengue-kyo. Conseguiu comprender a esencia do ensino de Nichiren Daishonin e determinouse a compartila con canta xente fose posible. Cando foi posto en liberdade, o 3 de xullo de 1945, apenas pesaba 50 quilos. Unha vez reunida á súa familia, determinou restablecer a Soka Kyoiku Gakkai, algo que parecía imposible. En agosto de 1947, un mozo chamado Daisaku Ikeda participou nunha reunión budista guiada por Josei Toda. Preguntou acerca do patriotismo, da guerra e sobre o xeito correcto de vivir. As súas preguntas foron contestadas satisfactoriamente. Daisaku Ikeda comezou a práctica do budismo, dedicando o seu tempo ao estudo e a acompañar a Toda. O 3 de maio de 1951, Josei Toda convértese no segundo presidente da renombrada Soka Gakkai (Sociedade para a Creación de Valor). Aínda que era moi estrito en materia de fe, Toda conducía as reunións de xeito informal e parecía coñecer de forma instintiva os problemas da xente. En 1955, grazas aos esforzos de compartir os ensinos do Daishonin, 100.000 familias uníronse á Soka Gakkai. Entón Toda volveu determinar que antes da súa morte 750.000 familias deberían gozar dos beneficios da práctica do budismo de Nichiren Daishonin. O 16 de marzo de 1958 levouse a cabo o Festival de Mozos e Mozas da Soka Gakkai. Toda, que por aquel entón atopábase seriamente doente, fixo unha declaración en contra do uso das armas nucleais, inspirando a renovar a determinación de todos os presentes a conseguir unha sociedade verdaderamente pacifista. Morreu ao ano seguinte. O seu sucesor, Daisaku Ikeda, converteuse en tercer presidente o 3 de maio de 1960.

Daisaku Ikeda

Ikeda

Fillo menor dunha humilde familia, naceu o 2 de xaneiro de 1928, en Tokio, Xapón. A súa vida foi forxada por lembranzas indelebles do tormento da guerra, na que morreu o seu irmán maior. Estas experiencias, a angustia que sufrise a sociedade xaponesa da posguerra e a súa práctica da filosofía budista encamiñaron a súa vida en pos dos esforzos por arrincar de raíz as causas dos conflitos entre os seres humáns e do sufrimento individual. O seu encontro con Josei Toda marcou un punto crucial na súa vida. Ikeda traballou á beira do seu mentor por máis dunha década para formar e desenvolver o movemento da Soka Gakkai para a paz, a cultura e a educación. O desenvolvemento deste movemento queda relatado nas súas novelas A Revolución Humana e A Nova Revolución Humana. O 26 de xaneiro de 1975, na illa de Guam, fundou a SGI (Soka Gakkai Internacional), movemento dedicado á paz, a cultura e a educación. Desde 1983, cada ano, redacta unha Proposta de Paz que envía á Organización das Nacións Unidas. Ten publicado obras literarias, ensaios, poesía e moitos diálogos con intelectuais e personalidades de diferentes áreas: Escolle a vida, con Arnold Toynbee, Antes de que sexa demasiado tarde, con Aurelio Peccei e Os valores humanos nun mundo cambiante, con Bryan Wilson, entre outras. Outro dos seus títulos son O Buda viviente, O Budismo primeiro milenio e O Budismo chinés. A súa novela "A Nova Revolución humana" comeza en 1960, cando asumiu como presidente de Soka Gakkai. No seu primeiro párrafo dinos: "Nada é máis precioso que a paz. Nada produce maior felicidade. A paz é o punto de partida básico para o progreso da humanidade."

Copyright © SGEs 2012 || Aviso Legal || Deseño e Concepción PPH & JCJ || Valid CSS || and XHTML