castellano castellano català català euskera euskera
Budismo >> Oríxenes

Oríxenes

O budismo comenzou coa procura que emprendeu unha persoa por resolver o sufrimento humano. Shakyamuni (Sidarta Gautama), coñecido como o Buda ou "o que espertou", viviu fai ao redor de 2.500 anos na India. Shakyamuni era un príncipe e creceu entre luxos pero, a temprana idade, quedou desconcertado polos inevitables sufrimentos que a vida trae consigo, sufrimentos que el resumiu como nacer neste mundo atribulado, enfermar, avellentar e morrer.

Shakyamuni pasou o resto da súa vida viaxando por toda a India para compartir coa xente a comprensión que el lograra. A súa vida foi de compaixón e de dinamismo, algo que difiere enormemente da imaxe que se ten del nos nosos días, é dicir, a dun Buda sobrenatural; unha figura separada, que se atopa allea nun illado ámbito iluminado.

Copyright © SGEs 2008 || Aviso Legal || Deseño e Concepción PPH & JCJ || Valid CSS || and XHTML