castellano castellano català català euskera euskera
Actualidad >> Desarme Nuclear

EXPOSICIÓN: "Do armamento ao desarme nuclear: Nada menos que ser humano"


A exposición "Do armamento ao desarme nuclear: Nada menos que ser humano" foi preparada polo Comité de Mozos e Mozas pola Paz da Soka Gakkai de España con motivo do 50º aniversario da declaración pola abolición das armas nucleais que Josei Toda, o segundo presidente da Soka Gakkai, fixese o 8 de setembro de 1957 en Yokohama (Xapón).

O obxectivo da exposición é, precisamente, facer patente a vixencia da devandita declaración e promover unha concienciación e unha acción enfocadas na abolición efectiva desa clase de armamento, que constitúe a máxima expresión da capacidade destructiva do ser humano. Os dezasete paneis que a forman ilustran, de este xeito, tanto a natureza e a magnitude da ameaza nuclear global como as iniciativas significativas que lograron diminuíla en certo grado ata a actualidade, así como opcións futuras esperanzadoras.

É vital ter presente que non só as nosas actividades específicas en prol da paz e a cultura, senón tamén o movemento por a “revolución humana” baseada no empeño diario de transformar a nosa vida dende o máis profundo, conforman un aspecto consistente e esencial do desafío histórico de lograr o desarme e a abolición das armas nucleais.*

* Palabras de Daisaku Ikeda, presidente da Soka Gakkai Internacional

Copyright © SGEs 2008 || Aviso Legal || Deseño e Concepción PPH & JCJ || Valid CSS || and XHTML