castellano castellano català català euskera euskera
Budismo >> O Budismo de Nichiren

O Budismo de Nichiren

A filosofía de Nichiren ten as súas raíces nos ensinos de Shakyamuni , o fundador histórico do budismo, quen viviu na India fai uns 2.500 anos. Os seus ensinos foron rexistrados como sutras e propagáronse por toda Asia, dando lugar a distintas e numerosas escolas do Budismo.

Nichiren viviu en Xapón durante unha época turbulenta de inestabilidade social e desastres naturais. A xente común, en especial, sufría enormemente nesta ruda sociedade feudal. Alarmado por este estado, Nichiren, sendo un novo sacerdote, dispúxose a buscar a solución para o sufrimento que o rodeaba.

Logo dun exhaustivo estudo dos sutras budistas, entende que a esencia da iluminación do Buda, e o medio para acabar co sufrimento e a confusión social, atopábase no Sutra do Loto. Este sutra afirma que todas as persoas, sen importar o xénero, a súa capacidade ou a súa condición social, posúen de xeito inherente as calidades dun buda e, por iso, son dignas por igual do maior respecto.

Tomando como base os seus estudos sobre o sutra, Nichiren estableceu a recitación de Nam-myoho-rengue-kyo como práctica universal para abrir e manifestar a condición de vida da budeidad latente na vida de cada un. Os membros da SGI cren que grazas aos seus esforzos na fe e na práctica, a cal inclúe accións inmersas na realidade da vida, e sobre a base da sabedoría e a compaixón, pódese chegar á comprensión da propia budeidad.

Nichiren cría firmemente que o verdadeiro obxectivo do budismo é capacitar á xente para vivir no mundo real e, ao enfrontar os problemas, fortalecerse e cambiar as súas vidas e mellorar á sociedade. O budismo de Nichiren é unha filosofía que respecta a dignidade fundamental de toda vida e acentúa a profunda conexión entre a felicidade individual e a felicidade dos demais.

Copyright © SGEs 2008 || Aviso Legal || Deseño e Concepción PPH & JCJ || Valid CSS || and XHTML