Fundación
A reforma educativa. A Soka Gakkai (que literalmente significa "Sociedade para a creación de valor") iniciou as súas actividades en 1930 como grupo de estudo formado por educadores reformistas. O seu fundador, Tsunesaburo Makiguchi (1871-1944), era escritor e educador, e inspirouse no budismo de Nichiren para dedicarse con toda a súa vida a reformar o sistema pedagóxico do Xapón. A súa teoría da educación creadora de valor, publicada en 1930, céntrase na convicción que Makiguchi depositaba no potencial ilimitado de cada persoa; tamén considera a educación como a procura permanente da comprensión, sabedoría e desenvolvemento.
Makiguchi poñía énfasis no pensamento independente máis que na aprendizaxe memorístico, e na propia motivación máis que na aceptación pasiva; deste xeito, desafió directamente ás autoridades xaponesas desa época, quenes vían a educación como unha ferramenta para formar suxeitos sumisos para o estado.
A oposición ao goberno militarista. Na década de 1930, no Xapón, o auxe do nacionalismo militarista culminou coa participación dese país na Segunda Guerra Mundial. O goberno militarista impuxo a ideoloxía do sintoísmo estatal a toda a poboación como medio para exaltar a idea da guerra, e así reprimiu todas as formas de disidencia. Makiguchi e o seu colega máis próximo, Josei Toda (1900-1958), rehusaron transixir nas súas conviccións e prestar apoio ao réxime; por iso, foron arrestados e encarcelados en 1943 co cargo de "criminais intelectuais".
Malia os intentos por desvialo dos seus principios, Makiguchi aferrouse ás súas conviccións e faleceu no cárcere en 1944.
A reconstrución na posguerra. Josei Toda sobreviviu a esa terrible experiencia e foi liberado poucas semanas antes do fin da guerra. No medio da confusión que reinaba no Xapón de posguerra, Toda iniciou a reconstrución daSoka Gakkai e ampliou o seu campo de acción; nun principio, as súas actividades limitábanse ao ámbito educativo, pero logo da guerra, estendéronse cara ao melloramento da sociedade na súa totalidade. Promoveu unha forma de budismo activa e comprometida socialmente como medio para o fortalecemento das persoas: un xeito de superar os obstáculos na vida e de facer xurdir a esperanza, a confianza, a valentía e a sabedoría inherentes. Esta mensaxe resoou especialmente entre as persoas privadas de dereitos na sociedade xaponesa; e antes da súa morte , en 1958, aSoka Gakkai xa contaba cun millón de membros en todo o país. En 1957, nunha resolta declaración, Toda instó ás mozas e mozos a traballar en pos da abolición das armas nucleais. Esta declaración chegou a ser a pedra angular nas actividades que a Soka Gakkai leva a cabo pola paz.
O sucesor de Josei Toda, Daisaku Ikeda, tiña trinta e dous anos cando asumiu como presidente da Soka Gakkai, en 1960. Co liderado de Ikeda, a organización seguiu crecendo e ampliando a súa visión.
En 1975 fundouse a Soka Gakkai Internacional (SGI). Hoxe en día, a SGI é unha rede con 82 organizacións constitutivas e membros en 190 países e territorios, que comparten o obxectivo de concretar un mundo mellor. A filosofía budista da SGI apuntala un movemento que promove a paz, a cultura e a educación.

