As actividades da S.G.I.
As actividades da SGI, baseadas na filosofía de Nichiren Daishonin e inspiradas na importancia do respecto á vida, enarbolan a conciencia dos dereitos humanos e espertan nos individuos o espírito de recoñecer, respectar e apreciar tanto as semellanzas como as diferenzas entre as persoas.
Polo xeral, a SGI traballa en conxunto con outras institucións, tales como organizacións non gobernamentais (ONG) ou organismos pertencentes ás Nacións Unidas.
As súas accións céntranse en brindar educación e en crear conciencia sobre os seguintes temas:
Paz
Desenvolvemento sostenible
Educación
Dereitos humanos
Diálogo interrelixioso
Paz
A SGI busca fomentar unha cultura de paz a través de diversas actividades educativas, como exposicións, seminarios e talleres. Por citar un exemplo, a Soka Gakkai en Xapón levou adiante campañas de recolección de firmas para a abolición das armas nucleais e recolleu testemuños de persoas que viviron a guerra en carne propia. Publicáronse 80 volumes con tales vivencias e 20 tomos que narran experiencias de numerosas mulleres co fin de asegurar que as xeracións futuras non esquezan o sufrimento que provocan as guerras.
Desenvolvemento sostenible
As actividades que emprende a SGI co fin de promover o desenvolvemento sostenible e a protección da natureza abarcan en distintos países do mundo, desde campañas de limpeza ata proxectos de plantación de árbores. O Centro de Investigacións Ecolóxicas do Amazonas, pertencente á SGI de Brasil, veu realizando actividades de reforestación, de educación sobre o medio ambiente e de protección de especies animais en perigo de extinción; así mesmo creou un banco de sementes co fin de preservar as árbores do Amazonas.
Desde 1997, a SGI impulsou a Carta da Terra como unha carta do pobo que expresa os valores que compre impulsar para acadar un desenvolvemento sostenible. Tamén a SGI brinda apoio ao Decenio da Nacións Unidas da Educación para o Desenvolvemento Sostenible (UNESCO) (2004-2015)
Educación
Os fundadores do movemento da SGI eran educadores que consideraban que a educación humanística era a clave para renovar á sociedade. A SGI en todo o mundo continúa sostendo este mesmo ideal a través das súas actividades.
Dereitos humanos
A SGI leva a cabo exposicións sobre os dereitos fundamentais do home; así mesmo, realiza unha gran variedade de conferencias, diálogos e seminarios relacionados cos dereitos e as responsabilidades dos seres humanos, en colaboración con outras organizacións e institucións.
A SGI tivo unha participación crave no lanzamento do "Programa mundial para a educación en dereitos humanos", das Nacións Unidas, que comezou en 2005, e realizou consultas sobre a adopción deste proxecto; tamén colaborou coa redacción do plan de acción do programa.
En apoio ao Decenio das Nacións Unidas para a educación na esfera dos dereitos humanos, que finalizou en 2004, a SGI presentou a exposición "Cara a un século de humanismo: Perspectiva sobre os dereitos humanos no mundo de hoxe" en 40 cidades de oito países diferentes.
Diálogo interrelixioso
A SGI entabla diálogos con representantes de diversas relixións baseada no espírito de promover a tolerancia e o respecto, e de crear lazos compartidos de solidariedade humana con miras á resolución dos problemas fundamentais que enfronta a humanidade. Os representantes da SGI participaron en numerosas actividades interrelixiosas no mundo: durante 2004 e 2005, a SGI integrou a conferencia titulada "NAEIS & NAIN Connect 2004"; nun festival de cine interrelixioso organizado pola SGI dos Estados Unidos; no Parlamento das Relixións do Mundo, en Barcelona; e na 24ª Conferencia Mundial das Relixións, realizada en Canadá. Así mesmo, a SGI e a Academia Europea das Ciencias e as Artes levan a cabo en conxunto unha serie de diálogos interrelixioso sobre temas como os problemas ambientais e os dereitos humanos.

